Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2024 | Actualizada ás 18:01
O cadáver da muller de 63 anos desaparecida desde o martes en Vilagarcía de Arousa foi localizado no mediodía deste mércores flotando na beira dunha praia de Vilaxoán, localidade na que residía.
O achado produciuse ás 15,30 horas nun areal situado nas inmediacións dunha antiga conserveira, segundo trasladaron fontes próximas ao caso, que confirman que a identidade da falecida corresponde á muller que se buscaba desde o martes.
Desde entón, organizouse un dispostivo para tratar de dar co paradoiro desta veciña de Vilaxoán, finalmente desactivado tras a localización do corpo sen vida na praia arousá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.