Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2024 | Actualizada ás 10:00
O Observatorio Cetelem publica o Barómetro de Consumo Europa, no que analiza a percepción dos consumidores europeos sobre a súa situación persoal e xeral do país, así como os seus hábitos de consumo nos últimos 12 meses.
Segundo o estudo, un 65% da media dos europeos aumentou o seu presuposto para alimentación nos últimos 12 meses. No caso de España, o 61% dos consumidores equisados afirman este incremento, sendo o país que menos variación tivo, situándose por debaixo da media europea. Con todo, España é o terceiro país, xunto con Italia, que maior porcentaxe de enquisados afirma percibir un aumento significativo de prezos no último ano, cun 65% das respostas.
O Barómetro de Consumo Europa do Observatorio Cetelem tamén preguntou ós europeos polas súas principais preocupacións. Así, a inflación e o poder adquisitivo continuan a ser os principais asuntos que xeran maior inquitude, así o indica un 87% dos equisados. Ademáis, o 83% asegura estar preocupado pola situación internacional, con conflictos como a guerra en Ucrania e entre Hamás e Israel.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.