Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/05/2024 | Actualizada ás 10:16
A Garda Civil informou de que o pasado luns 6 de maio, na PO-531, á altura de Poio, unha patrulla do destacamento de tráfico de Vilaboa sorprendeu ao condutor dun turismo de alta gama que levaba un dispositivo de detección de radar de última xeración.
Contra o condutor, veciño de Vilaboa e de 30 anos, formulouse unha denuncia administrativa por infracción grave da lei de seguridade viaria, así como unha detracción de tres puntos do permiso de conducir. O vehículo quedou inmobilizado ata o seu traslado a un taller oficial co fin de desinstalar o aparello.
A identificación produciuse no marco dun dispositivo de control de velocidade establecido no marco da campaña da DXT, específica de vixilancia de colectivos vulnerables, sendo a velocidade como un dos factores de risco crave na sinistralidade viaria, que se está desenvolvendo entre os días 6 e 12 de maio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.