Rueda evita pronunciarse sobre as acampadas en favor de Palestina tras as críticas de Ayuso e Sémper

"Mentres sexan pacíficas e respecten o dereito á convivencia, non teño nada que dicir".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, evitou este luns pronunciarse sobre as acampadas en campus universitarios de España en apoio do pobo palestino, protestas que foron criticadas nos últimos días por cargos do PP como a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, ou o portavoz a nivel estatal, Borja Sémper.

"Mentres as manifestacións sexan pacíficas e respecten o dereito á conviviencia por canles democráticas, eu non teño máis nada que dicir. Nin desta, nin doutras", aseverou o mandatario galego a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Deste xeito, marcou distancia coas palabras de compañeiros do seu partido como Díaz Ayuso, que cargou contra a "politización" dos campus en contra de Israel, ou de Sémper, que ligou as mobilizacións co apoio a Hamás.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda. DAVID CABEZON / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta