Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/05/2024 | Actualizada ás 16:35
A Policía Nacional detivo o sábado en Ferrol a un home de 39 anos por tentar bicar a dous menores de idade. Tras pasar a disposición xudicial na mañá deste luns, quedou en liberdade pero investigado por un delito de agresión sexual. Segundo fontes consultadas por Europa Press, este home, de nacionalidade marroquí, foi apresado polos axentes aos poucos minutos de producirse a suposta agresión.
A denuncia recolle que, cando dous menores ían camiñando pola estrada de Castela, na zona de Ultramar, o home abalanzouse sobre ambas as co obxectivo de bicalas, logrando ambas de inmediato apartalo e reclamando a presenza policial na zona, o que motivou que o home escapase á carreira. Pero o fuxitivo foi detido de inmediato polos axentes dunha patrulla que se atopaban nas proximidades e grazas ás descricións facilitadas.
O detido foi levado de inmediato ata a sede da Comisaría de Ferrol-Narón, onde pasou unhas 48 horas, ata que foi presentado ante a autoridade xudicial. A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, en funcións de garda, decretou na mañá deste luns a súa posta en liberdade e a súa condición de investigado por un delito de agresión sexual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.