Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2024 | Actualizada ás 18:38
O computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), considerado o máis potente do sur de Europa, poderá ser usado desde este mércores por investigadores e universidades da comunidade galega e de todo o conxunto estatal. A partir do 15 de maio, a comunidade científica poderá empregar esta infraestrutura despregada pola compañía xaponesa Fijutsi en colaboración coa Xunta.
Un protocolo rexerá o acceso ao supercomputador, que primará aqueles usos de interese científico, aínda que tamén se prevé que poida emplarse para "pequenos proxectos exploratorios en probas", segundo explicou o Goberno nun comunicado emitido tras o Consello deste luns. Así as cousas, establécense catro tipo de accesos: un aberto, outro a través da Rede Española de Supercomputación (RES), un reservado para o Cesga e, finalmente, outro con fins educativos.
O Cesga destinará o 20 % do tempo dispoñible á RES, á que corresponderá asignar os recursos a través dos protocolos definidos dentro do propio organismo. No caso do acceso aberto será o Cesga quen se encargue de canalizar as peticións de uso, que distinguirán entre aquelas de curto alcance (pequenos proxectos ou probas) e as de medio e longo alcance. A terceira tipoloxía de uso está enfocada aos proxectos desenvolvidos polo propio persoal do Cesga, mentres que a cuarta e última se reserva para actividades educativas das universidades galegas, os centros de investigación ou o CSIC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.