Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 18/05/2024 | Actualizada ás 21:00
En Galicia o deporte feminino non deixa de colleitar éxitos, no que atinxe ao xogo en equipo, o Deportivo Abanca volve á máxima categoría do futbol feminino español, o Pescados Rubén Burela segue batendo marcas no futbol sala; pero hai casos que non se teñen tan presentes ou non teñen tanto recoñecemento... Por que non se fala apenas de que hai un equipo feminino de rugby xogando na máxima competición nacional e optando a levar o título esta tempada? Trátase do Crat de A Coruña que se disputa este domingo a final da liga Iberdrola DH fronte ao Majadahonda. "É un pouco triste, aínda xogando na máxima división española, ningúen nos coñece", confesa Valle Moure, xogadora do equipo coruñés.
A xogadora Valle ViñasVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Valle leva 15 anos xogando ao rugby e xa antes practicara kárate, na liña dos deportes de contacto. Animouse a probar sendo una nena e así ata agora, que xoga na máxima categoría desta disciplina en España. "Cando eu empecei eramos tres nenas en toda Galicia e agora o panorama é outro", comenta. Así, considera que desde hai anos, pouco a pouco, vaise coñecendo máis o rugby, aínda que segue a ser "un deporte minoritario". Destaca o labor de difusión que fan desde o club en busca de crear canteira e dar visbilidade. Porén, a demanda non aumenta demasiado polos prexuízos: "Hai nenas que veñen pensando que é un deporte de contacto, de nenos, e onde se van facer dano", lamenta Valle, que en contraposición, alégrase de que cada vez hai máis equipos íntegramente femininos. Isto é algo que "fai anos era imprensable".
NA MÁXIMA CATEGORÍA DO RUGBY EN ESPAÑA
Valle explica que en España está a Liga Iberdrola DH, "que é a máxima categoría", lgo estaría a Liga DHB e as rexionais. No caso do Crat xoga na DH, onde hai outo equipos, nunha liga regular, na que xogan todos contra todos. Despois, "vaise dividindo entre os catro de arriba e os catro de abaixo da clasificación", desta maneira "os dous primeiros líbranse dos playoffs e pasan directamente as semifinais". Os catro seguintes xogan entre eles o playoff, cos emparexamentos "terceiro contra sexto" e "cuarto contra quinto". A partir de aí sairía o outro rival para o choque de semifinais ata alcanzar a final. "Esta finde imos xogar a final da Liga, iso está moi ben e estamos moi contentas", expresa Valle. A única vantaxe do que queda primeiro na liga regular é o factor campo, xa que xogaría como local. Desta maneira, a liga non a gana "quen máis puntos ten", xa que haberá que disputalo a un só partido en eliminatorias.
Se finalmente o equipo loga gañar a liga e quedar primeiro, tamén xogaría "a Copa Ibérica contra Portugal". A nivel internacional, Valle explica que este ano "se quitou" a Selección Galega feminina senior, e só se manteñen as categorías inferiores. Porén, si que hai convocatoria da Selección Española de Rugby. Con isto sobre a mesa, e cos Xogos Olímpicos á volta da esquina, Valle tamén conta que ten compañeiras no Crat retiradas que poden presumir de ir ás Olimpiadas e de disputar unhas World Series. Se non as coñecen, tomen nota: "Vanesa Rial e Paula Medín". "Paréceme incrible que cando a xente vén probar neste deporte e se atopan con elas, se teña que presentar a unha deportista como Alevín (Paula Medín), que xogou un Europeo, un Mundial, unhas Olimpiadas e a xente que non saiba quen é", manifesta Valle.
"NON SE PODE VIVIR DISTO"
Finalmente, no tocante á profesionalización do rugby feminino en España, claramente expón que "non se pode vivir disto" e que "se precisa doutra ocupación". Nesta liña, comenta que os clubs poden axudar con certas cousas, pero non a nivel de condicións ou soldos. Este é un deporte minoritario en España, pero moi seguido en todo o mundo. "Aquí non hai axudas nin diñeiro que vaia para o rugby", di.
A súa rutina pasa por estudar, ir adestrar polas tardes-noites e viaxar a fin de semana. "Se tes libre e hai desprazamento, por norma xeral, xógase o domingo, xa que pasas o sábado de viaxe". Por último, reivindica que é un deporte accesible, pero que coma todos "na súa máxima categoría" se convirte en "exixente e hai que estar fortes" porque o contacto estará e os golpes tamén. Agora só lles queda esta final para proclamarse campioas e seguir poñendo o seu nome no máis alto.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- José Manuel Alonso, subcampeón tenis de mesa: "cando xogo esquezo por completo que teño Parkinson"
- A Coruña, sede do campionato de dardos electrónicos 'Phoenixdarts'
- Morre Pablo Hinójar, o adestrador pontevedrés que puxo a xinansia española na élite
- A campiona olímpica Susana Rodríguez: "Tamén eu notei o bullying na miña etapa escolar
- A tenista galega Jéssica Bouzas despídese do torneo de Guangzhou (China) en cuartos de final
- Reforzan a seguridade do partido Dépor-Racing deste domingo na Coruña