Aparece o cadáver dun home nunha zona onde ían celebrarse festas en Fene

Apareceu no leito dun río.

Por Europa Press / Redacción | Fene | 17/05/2024 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

O cadáver dun home foi rescatado a media mañá deste venres no leito dun río situado na parroquia de Perlío, en Fene. Segundo trasladaron profesionais do servizo de emerxencias a Europa Press o, corpo sen vida deste home atopábase nunha zona moi estreita, polo que tiveron que meterse uns quince metros ata que lograron sacalo.

A súa morte xa foi notificada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se trasladaron cunha ambulancia. No lugar tamén se personaron axentes da Policía Local de Fene e Garda Civil, que se encarga de investigar o motivo deste falecemento.

Na zona onde se localizou este corpo inícianse este venres unhas festas, estando xa colocadas na zona un bo número de barracas e atraccións de feira.

Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido nun río en imaxe de arquivo
Mergulladores do grupo GEAS da Garda Civil buscando un desaparecido nun río en imaxe de arquivo | Fonte: Guardia Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta