O Supremo confirma a inhabilitación do exalcalde de Coristanco por prevaricación

Foi condenado por dar unha autorización "arbitraria", sen competencia e á marxe de calquera expediente

Por E.P. | Coristanco | 23/05/2024 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo (TS) ratificou o sete anos de inhabilitación para cargo público aos que foi condenado o exalcalde de Coristanco Antonio Pensado por prevaricación ao autorizar a unha empresa en 2012 que almacenase residuos de demolición e construción nunha leira.

A Sala do Penal, nunha sentenza recollida por Europa Press, rexeita o recurso presentado, como acusación particular, por un empresario que se considerou afectado pola actuación do entón rexedor.

Pensado foi condenado en 2022 pola Audiencia Provincial da Coruña porque dar esa autorización non entraba nas súas competencias de alcalde, senón que correspondía á Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Medio Ambiente, así como por facelo á marxe de calquera tipo de expediente e sen valorar o impacto ambiental.

O tribunal, que tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas, destacou que a resolución do entón alcalde foi "arbitraria e contraria á legalidade" e impuxo a mesma pena aos tres irmáns administradores da compañía beneficiaria. Os xuíces entenderon que Pensado, que foi alcalde do municipio entre 1991 e 2015 polo PP-- actuou "concertadamente" cos tres empresarios "para tratar de deixar sen efecto" as sancións da Xunta polo depósito de materiais non autorizado.

ABSOLTO DOUTRAS ACUSACIÓNS

Na sentenza, a Audiencia coruñesa absolveu ao exalcalde dos demais delitos de prevaricación que lle imputaba a Fiscalía, así como do de falsidade, e aos empresarios dos demais delitos de prevaricación e do de tráfico de influencias.

Os maxistrados consideraron que non quedou acreditado que o entón rexedor de Coristanco tratase de favorecer ao tres empresarios, aos que supostamente lle unía unha amizade, á hora de adxudicar obras.

Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco
Antonio Pensado, exalcalde de Coristanco | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta