O PIB de Galicia crece un 1,3% no primeiro trimestre e acelera ao 2% o seu avance interanual

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2024 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia creceu un 1,3% no primeiro trimestre en comparación co tres meses anteriores e acelera ao 2% o seu avance interanual (era do 1,8% no último trimestre de 2023), segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

O crecemento intertrimestral de Galicia do 1,3% é maior que o 0,7% da economía española (segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística a finais de abril), aínda que o 2% interanual da economía galega é inferior ao 2,4% do conxunto de alza do PIB do país.

Na análise da demanda, o gasto en consumo final elevouse un 1,4% no primeiro trimestre e a formación bruta de capital diminúe un 1,3%. Destaca o repunte do 4,1% no gasto das administracións públicas no primeiro trimestre de 2024. As exportacións aumentan un 0,4%, mentres que as importacións baixan un 1,6%.

No tocante á oferta, o valor engadido bruto de agricultura e pesca redúcese un 4,6%. En cambio, sobe un 10,2% en información e comunicacións, así como un 3,2% na industria, un 2,2% en servizos e un 2,1% na construción. Respecto ao emprego, os postos de traballo equivalentes a tempo completo increméntanse un 1,7% respecto ao anterior trimestre.


PIB de Galicia. IGE
PIB de Galicia. IGE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta