Cáchano con 26 gramos de cocaína no coche tras realizar unha manobra ilegal en Pontevedra

Dixo que a substancia era "para celebrar o seu aniversario".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 31/05/2024 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

A Policía Local de Pontevedra detivo o pasado domingo a un home na cidade por realizar unha manobra de tráfico ilegal e por levar consigo case 26 gamos de cocaína que, dixo, eran "para celebrar o seu aniversarios". Os feitos ocorreron ás 5.40 horas do domingo na rúa Juan Manuel Pintos, onde o detido incorporouse co seu coche á circulación facendo un xiro prohibido. Os axentes que estaban a facer rolda pola zona déronlle o alto.

Tras a súa identificación, a Policía constatou que o vehículo tiña a ITV caducada e unha luz de freo fundida. Ademais, o condutor presentaba signos de inxerir algunha substancia, que se confirmou dando positivo na proba de alcoholemia e no test de drogas, por consumo de cocaína. Entre as súas pertenzas localizáronse 25 envoltorios con case 26 gramos de cocaína en total, que alegou aos axentes que eran "para celebrar o seu aniversario ao día seguinte". Impútanselle delitos contra a saúde pública e contra a seguridade do tráfico.

Policía Local de Pontevedra
Policía Local de Pontevedra | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta