Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2024 | Actualizada ás 11:02
O municipio de Vilamarín, na provincia de Ourense, rexistrou nas últimas horas un movemento sísmico de magnitude 2,4, segundo o recolle o Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O terremoto produciuse ás 7:35 horas deste mércores, co epicentro en Vilamarín, situado a unha profundidade de 11 kilómetros, segundo os datos publicados.
Este mércores, de madrugada, o IGN rexistrou outro terremoto, de menor intensidade (1,7) no Atlántico, fronte ás costas das Rías Baixas e co epicentro a 12 kilómetros de profundidade. Igualmente, o pasado domingo rexistrouse un terremoto de magnitude 1,5 ás 5:23 horas da madrugada. Nese caso, o epicentro estaba a 16 kilómetros de profundidade, no termo municipal de Guntín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.