Absolven a un acusado de ciberacoso, agresión sexual e corrupción de menores por non poder acreditarse os delitos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense dita a libre absolución do procesado, que coñecera nun bar ás menores, tuteladas pola administración e residían nun centro de acollida

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2024 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Ourense absolveu a un acusado cometer delitos de ciberacoso, agresión sexual e corrupción de menores ao considerar que non pode acreditarse que o procesado coñecía que as supostas vítimas non tiñan a maioría de idade.

Nunha sentenza contra a que cabe recurso facilitada aos medios este xoves polo TSXG, a sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense dita a libre absolución do procesado, que coñecera nun bar ás menores, tuteladas pola administración e residían nun centro de acollida.

O tribunal explica no seu fallo que a comisión dos delitos imputados "gravita inexorablemente na demostración do coñecemento" por parte do acusado da condición de menores de idade das vítimas --16 anos respecto dos delitos de ciberacoso e agresión sexual e de 18 na de corrupción de menores--.

Os xuíces destacan que non existe a "necesaria seguridade de convicción de que o acusado coñecía que ambas as mozas eran menores de 18 anos" pois, como lembran na sentenza, unha delas asegurou durante o xuízo que lle dixo ao procesado que era dous anos maior que a realidade e a outra vítima trasladoulle que tiña 18 anos.

Engaden que as supostas vítimas "consumían bebidas alcohólicas" e desenvolvíanse "como adultas", polo que conclúen que "non é posible descartar razoablemente que aquel se convencese da súa maioría de idade". Ademais, apuntan que a directora e a educadora do centro de acollida no residían destacaron na vista que as menores "tiñan comportamentos propios doutra franxa de idade".

A Audiencia considera probado que o procesado, no ano 2021, estableceu unha relación coas menores -nadas en 2005-, no curso da cal lles propuxo relacións de carácter sexual a cambio de diñeiro.

Posteriormente, segundo o relato de feitos probados da sentenza, contactou cunha delas a través do seu teléfono móbil e ofreceulle diñeiro a cambio de fotografías das súas partes íntimas, chegando a entregarlle 40 euros.

Uns días despois, concertaron o tres unha cita no faiado dunha vivenda dun coñecido do procesado, pero o tribunal non entende acreditado que mantivese cunha delas unha relación sexual.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta