Martínez Allegue asume a presidencia da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Organismo posto en marcha polo goberno galego para dinamizar os trámites administrativos dos concellos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2024 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asumiu este venres a presidencia da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo, organismo posto en marcha polo goberno galego hai dous anos para dinamizar os trámites administrativos dos concellos.

Este organismo está formado por 30 membros e conta con representantes de diferentes departamentos autonómicos e catro alcaldes designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), así como representantes das deputacións provinciais, colexios oficiais de arquitectos, enxeñeiros, avogados e organizacións empresariais.

Na reunión celebrada este venres, a conselleira puxo en valor a consolidación deste órgano consultivo, e sinalou que o número de consultas realizadas por entidades locais e axentes urbanísticos creceu no último ano. Así mesmo, destacou o seu "papel transcendental" para garantir a adecuada aplicación e interpretación da normativa en materia de ordenación de territorio e urbanismo en Galicia.

Martínez Allegue tamén se referiu a a tramitación do novo regulamento da Lei do Solo, que unificará as modificacións normativas; e ás novas fichas técnicas de afección desenvolvidas mediante convenio entre a APLU e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A conselleira, que destacou o exemplo de colaboración da Xunta Consultiva, remarcou a importancia da defensa e promoción dun uso sustentable do territorio e reafirmou o compromiso do goberno galego neste aspecto.

María Martínez Allegue, clausura o Pleno da Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo. PEPE FERRIN
María Martínez Allegue, clausura o Pleno da Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo. PEPE FERRIN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta