Piden máis de cinco anos de cárcere para un home que lle arrincou un anaco de orella a outro en Vilagarcía

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro martes o xuízo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2024 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro martes o xuízo contra un home para o que solicitan cinco anos e seis meses de prisión por pelexarse con outro nun bar de Vilagarcía de Arousa e ao que lle arrincou un anaco de orella.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse na madrugada do 3 de decembro de 2020 e a vítima, por aquel entón de 22 anos, sufriu unha mordedura con perda de sustancia do pavillón auricular dereito. Por iso, necesitou, ademais dunha primeira asistencia facultativa, tratamento médico cirúrxico, que consistiu na sutura da ferida e que lle tardou 14 días en curar.

O home, que conta con antecedentes penais e son computables por ser reincidente, está acusado dun delito de lesións con deformidade polo que o Ministerio Público solicita a pena de cinco anos e seis meses de prisión.

Ademais, deberá de indemnizar á vítima con 624,61 euros polas lesións sufridas e en 7.421,95 euros polo prexuízo estético moderado. Ao Sergas, por gastos sanitarios terá que pagar a cantidade que se determine no xuízo ou en execución de sentenza.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta