Entrega de diplomas a profesionais para combater violencia sexual e LGTBIfóbica no lecer nocturno

O director xeral destacou a "boa acollida" que este protocolo tivo entre o sector do lecer nocturno.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/06/2024 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O director xeral para a Loita Contra a Violencia de Xénero, Roberno Barba, entregou este sábado os diplomas a profesionais que completaron o curso formativo para prever e actuar ante situacións de violencia sexuais e contra as persoas LGTBI. Segundo informou a Xunta, coa entrega deste documento, todas aquelas persoas que o reciban non terán que volver realizar o correspondente curso cando modifiquen o seu lugar de traballo ou cambien de empresa.

O director xeral explicou que desde este mes de xuño o programa de estudo para obter o título de Controlador de accesos inclúe, de forma obrigatoria, o contido formativo recollido no protocolo de actuación contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas nos espazos de lecer nocturno elaborado pola Xunta. Ademais, destacou a "boa acollida" que este protocolo tivo entre o sector do lecer nocturno e que ten por obxecto establecer unhas pautas e unha guía de actuación no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local.

Rúa do porto deportivo de Sanxenxo nunha noite de festa/Iago Codesido Mozos de festa no porto deportivo de Sanxenxo/Iago Codesido Mozos de festa no porto de Sanxenxo/Iago Codesido
Rúa do porto deportivo de Sanxenxo nunha noite de festa/Iago Codesido Mozos de festa no porto deportivo de Sanxenxo/Iago Codesido Mozos de festa no porto de Sanxenxo/Iago Codesido

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta