Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/06/2024 | Actualizada ás 17:43
A Xunta convocou os premios da Cultura Galega 2024, un certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. Segundo informou o goberno autonómico as oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua galega, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
As institucións e entidades culturais ou profesionais con cada unha delas dispoñen de dous meses para entregar as candidaturas, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia. Desta forma, as solicitudes deberán ser presentadas ata o 13 de agosto por medios electrónicos mediante o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. A maiores, deberán engadir os méritos das candidaturas acompañados dunha xustificación descritiva de entre 15 e 20 liñas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.