O BNG acusa a PSOE e PP de actuar como "siameses políticos" coa AP-9: "Intercambian papeis en función de quen goberne"

Segundo o deputado nacionalista Luís Bará, estas forzas "votan a favor en Galicia e en contra en Madrid do mesmo" e actúan con "unha falta absoluta de seriedade e de rigor" en "como se calculan os custos" do posible rescate.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2024 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O BNG acusou ao PSOE e o PP de actuar como "siameses políticos" coa súa postura sobre o traspaso e rescate da AP-9, xa que "se intercambian os papeis en función de quen goberne" cunha "repetición literal" do "mesmo argumentario". Así o aseverou o deputado nacionalista Luís Bará nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento galego, onde lamentou o "culebrón político interminable" ao redor da Autoestrada do Atlántico.

Tras a semana na que o Congreso aprobou a toma en consideración do cuarto intento lexislativo da Cámara autonómica por lograr o traspaso e de que o ministro de Transportes, Óscar Puente, puxese o foco no custo dun hipotético rescate da infraestrutura, Bará cargou contra a actitude de socialistas e populares.

Segundo o deputado, estas forzas "votan a favor en Galicia e en contra en Madrid do mesmo" e actúan con "unha falta absoluta de seriedade e de rigor" en "como se calculan os custos" do posible rescate, que debería partir dunha análise dos "técnicos e xuristas", algo que, segundo Bará, aínda non fixeron nin a Xunta nin o Goberno central. Así as cousas, advertiu que o Bloque "non vai consentir" que PP e PSOE empregar "artimañas" na tramitación parlamentaria da lei do traspaso "presentando emendas e pedindo prórrogas" para que a proposta da Cámara galega "morra nalgún dos escuros caixóns do Congreso".

AP-9
AP-9 | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Luís Bará coa boca pechada mellor estaría... Curioso que falemos agora da anulación da concesión (ilegal) da AP-9 cando no seu día quen fixo a denuncia ante a Comisión Europea foi un avogado da Asociación de Consumidores En Colectivo ao que o BNG deixou tan tirado que nin siquera tivo dúas liñas de apoio do BNG (nin do PP nin do PSOE). Semella que cando alguén ten unha boa idea (e vai por libre) o silencio das forzas políticas é atronador... Agora seica toca alabar ao Señor Rego (solitario representante do Povo Galego - UPG) pero todos sabemos que únicamente se a nova Comisión Europea leva adiante a ANULACIÓN da Concesión... só nese contexto os galegos deixaríamos de pagar a extorsión política na que estamos metidos sen poder abrir a boca... ¿Por qué ninguén apoiou a liña xurídica de En Colectivo para forzar a ANULACIÓN DA CONCESIÓN?