Temas: FRASEOLOXíA

Expresións equivalentes á castelá “a dos velas” ( 2ª parte): sgdo. de “sen poder gozar ou conseguir o que outros si”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 23/06/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Continuamos, pois, meténdolle o dente ó fraseoloxismo castelán a dos velas e ás posibilidades expresivas de que dispomos en galego para dar conta dos significados que pode presentar: desta feita, abordamos os casos en que, grosso modo, reflicte a significación de “sen poder gozar ou conseguir algo que outros si que están a gozar ou si que conseguen”.

Préstamo de diñeiro
Préstamo de diñeiro | Fonte: ASNEF - Arquivo

A dos velas

{= Sen poder gozar ou conseguir algo que outros si que están a gozar ou si que conseguen.}

A velas vir

A pingar o moco

A pan pedir

A pan e auga

[E MAIS]:

A lamber a buxa

Á miñoca

Ó pairo

A asubiar

A pitar

A abanear # A abanar

Na inopia

Ex.: El Pepe se enrolla con alguna cada día que salimos, y nosotros dos, aquí a dos velas.

O Pepe enléase con algunha cada día que saímos, e nós os dous, aquí a velas vir a pingar o moco a pan pedir a pan e auga a lamber a buxa á miñoca ó pairo a asubiar a pitar a abanear na inopia.

Ex.: La tienda de Rianxo se harta de vender, pero en la de Noia, a dos velas.

A tenda de Rianxo énchese de vender, pero na de Noia, a velas vir a pingar o moco a pan pedir a pan e auga a lamber a buxa á miñoca ó pairo a asubiar a pitar a abanear na inopia.

● Mesmo tamén, mais só en certos contextos, son igualmente susceptibles de se utilizaren outras solucións que no seu día veremos ó abordar as secuencias castelás morir(/se) de hambre, en el dique seco ou a dieta:

Muriendo/Muriéndose de hambre

A morrer á fame # Morrendo á fame && A morrer de fame # Morrendo de fame && A morrer coa fame # Morrendo coa fame && A alampar coa fame # Alampando coa fame && A alampar de fame # Alampando de fame && A aspar coa fame # Aspando coa fame && A aspar de fame # Aspando de fame

[E MAIS]:

En el dique seco

No dique seco && Ó pairo && A pa

[E MAIS]:

A dieta && A régimen

A dieta && A réxime

Ex.: O Pepe enléase con algunha cada día que saímos, e nós os dous aquí a morrer á fame a morrer de fame ó pairo a dieta a réxime.

● Inda tamén, gardando relación, e só nalgún ca noutro contexto, as seguintes paremias poden ser empregables como secuencias que forman, ou poden formar, enunciado de seu, na medida en que dan a entender que sempre falta algo para acadar aquilo que se quere ou aquilo ó que se aspira:

(Estar/Quedar…) Coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro non ten carbón && (Estar/Quedar…) Coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro non ten carbón, e cando ten todo, fáltalle a devoción

Ex.: A tenda de Rianxo énchese de vender, pero na de Noia estanche coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro non ten carbón pero na de Noia ándanche coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro non ten carbón, e cando ten todo, fáltalle a devoción.

NOTAS:

1. Tal e como se indica no Dicionario fraseolóxico galego de Martínez (agora, Martíns) Seixo, a locución a lamber a buxa emprégase fundamentalmente para dar a entender que alguén está «sen poder comer o que quere, [ben en cantidade ben en calidade. Por extensión pódese aplicar a outras situacións, por exemplo, divertirse]». Exemplo (tirado da propia fonte):

Andrés, teus pais a estas horas están a encher a barriga na voda e nós aquí a lamber a buxa.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Castro Otero, Salvador et alii: “Outros lances nos laños do Morrazo. Nova recollida de unidades fraseolóxicas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 273-286. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Penín Rodríguez, Dorinda: “Frases feitas de San Lourenzo de Abelendo”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 10, 2008, páxs. 255-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta