Reabren a ponte de Ponte Arnelas tras as obras de reconstrución

A conselleira Martínez Allegue remarcou a "complexidade dos traballos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/06/2024 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A Xunta reabriu este xoves a ponte de Ponte Arnelas tras as obras de reconstrución, que contaron cun investimento de 5,3 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, desprazouse durante esta xornada ata a zona para supervisar a finalización da obra.

Alí, segundo detallou a Xunta, Martínez Allegue destacou o resultado dos traballos realizados na ponte que, "sen dúbida contribuirá a mellorar o tráfico, con maior seguridade, entre os concellos de Vilanova de Arousa e Ribadumia".

Desta forma, incidiu no cumprimento do compromiso da Xunta traballando coa "máxima dilixencia" desde o primeiro momento, desde o 18 de abril, que tivo que pecharse a ponte de Santa Marta tras detectar danos en varias péndolas causados pola corrosión e que fixeron que cedese a calzada. A conselleira remarcou a "complexidade dos traballos", tamén moi condicionados pola situación meteorolóxica, pero que finalizaron con axilidade.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na ponte de Ponte Arnelas. XUNTA
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na ponte de Ponte Arnelas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta