Por que investiga a xuíza de Lara o Concello de Pontevedra?

Vixilancia Aduaneira sospeita do pago de excursións escolares en Pontevedra. Os axentes investigan porque se desagregou o prezo de 17 desprazamentos en autobús de alumnos de colexios locais á estación potabilizadora na parroquia de Lérez. Tamén as xuntanzas que mantivo o alcalde e cargos do BNG con representantes de Aquagest-Viaqua.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/11/2015 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Este mércores, e por espazo de máis de 15 horas, axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) estiveron rexistrando o Concello de Pontevedra na procura de documentación relativa a varios contratos sospeitosos cuxa orixe está na Operación Pokemon, sobre todo, os relativos á empresa de autobuses Viuda de Cándido, que ao contrario que Aquagest –hoxe Viaqua--, non tiña presenza no resto do sumario.

Miguel Anxo Fernández Lores reuniuse con representantes de Aquagest --hoxe Viaqua--, algúns deles implicados na Operación Pokemon
Miguel Anxo Fernández Lores reuniuse con representantes de Aquagest --hoxe Viaqua--, algúns deles implicados na Operación Pokemon

Precisamente, foi a xuíza Pilar de Lara, titular do Xulgado de Instrución 1 de Lugo, a que ordenou estes rexistros. Os axentes ven, agora, sospeitas sobre o pago de excursións escolares en Pontevedra na investigación da peza separada sobre Aquagest da operación Pokemon. A conexión, segundo o informe da SVA, atópase nos orzamentos de transporte da empresa, remitidos desde o correo dun traballador do Concello a Casimiro G.F., xerente da empresa de augas en Pontevedra. Neles desagrégase o prezo de 17 desprazamentos en autobús de alumnos de colexios locais á estación potabilizadora na parroquia de Lérez en novembro de 2010.

No informe remitido polos axentes á xuíza, os axentes se centran nas reunións do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, con representantes de Aquagest en Santiago e do concelleiro de Facenda, Raimundo González, co responsable en Galicia de Vendex, José María Titor, con motivo dun partido de baloncesto entre o Obradoiro e o Real Madrid en marzo de 2012. O encontro con Lores, en maio de 2012, consiste nunha comida con directivos de Aquagest en Santiago de cuxo contido fala un deles, Henry L., cun empregado esa mesma tarde, horas antes, segundo o propio Henry, dun encontro co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Lores insistiu este xoves en que o contrato con Aquagest precedía ao seu mandato e expira en 2017, pero admitiu que houbo "actualizacións dos prezos contractuais", tachando os vínculos sinalados de "batiburrillo". A reunión co rexedor foi seguida semanas despois doutra do exxerente do BNG Xosé G. con Henry L. "para falar do asunto que falastes os dous", en referencia ao rexedor.

O informe sinala a un cargo político máis, o edil de Rural e Servizos até 2011, José Manuel Valcárcel, que asistiu a un partido de fútbol entre o Barcelona e o Real Madrid con Casimiro G.F. con entradas conseguidas por este último a través da empresa e que declarou a 'Diario de Pontevedra' que o viaxe o fixeron xuntos pero que o pagaron a medias.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra | Fonte: Pontevedraviva.com

Os demais sinalados son funcionarios municipais, que figuran en viaxes pagas pola matriz de Aquagest, Augas de Barcelona (Agbar), a funcionarios da área técnica do Concello, un dos cales sae tamén como probable comprador dun Citroën C5 de 130.000 quilómetros que usaba Casimiro G.F., a través dun contrato de Leasing de Aquagest.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Ramón Piñeiro Repoludo

Todos somos GC a nosa metrópoli consternada por este grave ataque ao lerchismo democrático. Na memoria de Cambó, da mesa camiña, da palangana da "Vella Otero" e do druida Gordoramix. Solidariedade dos Hirmas Diños e de Isa Bel Aca Tólica. Os galegos en Madrid con Monseñor Ronca Varilla á cabeza, din: todos somos GC

4 Galicia Confidencial

Continúan os ataques a GC. Tivemos que volver borrar comentarios ofensivos contra este medio e os seus traballadores. Desta volta a IP é 213.143.46.175 e é de Santiago. Asina con varios Nicks diferentes Consumista, Celso Almuiña, Rayleightxwz ou Ai Carmela . Vese que hai un intención premeditada por alguén ou alguéns a base de utilizar a calumnia e a mentira para que o GC peche os comentarios e prive da liberdade de expresión ao resto dos lectores deste medio.

3 Joam Hermida

Amarillo limón... Que color color!

2 Comunista de tarxetas Bankia

Podedes ampliar a información? non poñedes como quedou o Breogán e o Barça Madrid?

1 John McNamara

Señores e señoras de CG, estades no voso dereito de publicar o que queirades, mas de verdade que vos parece serio isto?, que concesións fixo o Concello de Pontevedra a Aquagest?. Unha de dúas, ou o voso xornalismo é malo ou lle tendes gañas a Lores / BNG?. Que pouco obxectivos sodes.

1 comunista

A ver upegallo. Por que non dis o mesmo cando publican o mesmo dos sociolistos ou dos ppmerdas. Que pasa, que os teus son uns puretas?. Ben por GC, seguide así. Como se nota que hai a quen non lles gusta un carallo que exista este medio.