“Cantas mortes necesitan para incluír a vacina de menenxite B?”

Un grupo de familiares de nenos afectados coa meninxite B abordan ao conselleiro de Sanidade para reclamarlle que inclúa a vacina no calendario de vacinas da Xunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/11/2015 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

“Cantas mortes necesitan para incluír a vacina de menenxite B?”.  Foi a desesperada pregunta que lle espetou unha nai ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao tempo que lle pedíu que inclúa xa a vacina da meninxite B no calendario oficial.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, fala con familiares afectados pola meninxite B
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, fala con familiares afectados pola meninxite B

A escena foi gravada e publicada pola Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública e tivo lugar este venres pola noite cando familiares e membros desta plataforma aobrdaron a Vázquez Almuíña á súa saída dun acto na Fundación Barrié da Coruña. E, a diferencia doutros conselleiros ou do propio presidente da Xunta, o ex rexedor de Baiona parou a falar con eles. 

Durante a conversa, nais e familiares insistiron na necesidade de que a Xunta inclúa esta vacina no calendario oficial e lémbranlle a morte dun neno en Boiro por non estar vacinado. Almuíña lamentou esta morte pero insistiu en que a Xunta debe agardar polo informe dos técnicos.

Unhas explicacións que non aceptaron os membros da plataforma que o acusaron de non querer incluír a vacina por motivos de “recortes” na sanidade pública e lembráronlle que outros países europeos inclúena no calendario e na UE está aprobada.

Esta é parte da secuencia:

Nai: Eu son nai de tres nenos e a pediatra dime que, por favor, os vacine. Estou no paro e non podo vacinalos.

Outra nai: Eu estou na mesma situación. 

Conselleiro: Os técnicos aínda non o recomendan.

Familiar: Sabe que en Córdoba hai un neno con secuelas moi graves e outro no País Vasco.

Outra familiar: Non son suficientes mortes?

Conselleiro: Eu penso que hai que falalo con fundamento.

Familiar: Facemos unha aposta agora aquí mesmo. Para o ano hai eleccións á Xunta. Apostamos que para o anho está no calendario de vacinas porque é ano electoral?... É unha vergoña que xoguen coa morte dos nenos.

As familias esixenlle a Almuiña vacinas para os seus fillas e fillos. Ningunha morte mais!!!! ¿Cantas mortes serán...

Posted by Coordinadora Antiprivatización da sanidade pública - A Coruna on Sábado, 14 de Novembro de 2015

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta