Os alumnos galegos que estuden portugués nos centros educativos poderán acreditar o seu nivel de forma gratuíta

Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instituto Camoes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2024 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Os alumnos galegos que estuden portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira nos centros educativos poderán acreditar de forma gratuíta o seu nivel lingüístico a partir do próximo curso a través do Instituto CamoesTodo iso despois de que este luns, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, asinase un acordo de colaboración co embaixador de Portugal en España, Joao Mira, para impulsar esta medida, entre outras dirixidas á difusión da lingua e a cultura lusa no ensino.

En concreto, a medida está pensada para que os alumnos que estudan portugués poidan acreditar ata tres niveles de competencia do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (A1, A2 e B1) ao final da ESO e de Bacharelato. Nun comunicado, a Xunta destacou que se trata dun acordo "pioneiro", xa que Galicia é a primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo deste tipo co Instituto Camoes.

Román Rodríguez agradeceu ao embaixador luso a súa colaboración para mellorar a formación dos alumnos galegos, tanto a través desta nova liña de acción como do acordo que existe desde hai anos polo que a entidade portuguesa contribúe con varios auxiliares de conversación en centros educativos da Comunidade. Para conseguir as certificacións, as probas realizaranse no centro educativo a través dunha plataforma electrónica. O exame ten unha duración de 120 minutos e consta de catro partes: comprensión oral, expresión oral, comprensión estrica e expresión escrita.

Adolescentes en clase
Adolescentes en clase | Fonte: GAES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta