GC Aberto
Temas: VIAXES RUSIA

Viaxe a Rusia

Aconsello non facer demasiado caso ao consellos gubernamentais sobre non visitar Rusia.

Por XoseRios | GC ABERTO | 13/06/2024

Comparte esta noticia

Era a miña terceira visita. Anteriormente acudira no 2008 e no 2015. Pasaran case 10 anos. O peche do espacio aéreo, inactividade das tarxetas de crédito, ou que Rusia non se respeta dereitos son advertencias interesadas. Para entrar en Rusia só piden un visado, puidendo entrar por moitas das súas cidades. Cambiar euros por rublos, adquirir unha tarxeta móvil ou sacarte un seguro médico online é doado. A barreira lingüística paliase cun traductor google. O que sí vai supoñer un choque é observar a cultura popular aínda intacta, ao contrario de como decorre aquí.

Xosé Ríos no monumento a Nai Patria, en Volgogrado, Rusia
Xosé Ríos no monumento a Nai Patria, en Volgogrado, Rusia | Fonte: remitida

En materia de infraestructuras, as melloras eran visibles. O Aeroporto Kurchatov fora ampliado, o tren seguía funcionando con suma puntualidade mellorando o confort dos coches cama. O que máis me sorprendeu foi o alto volumen de tráfico nas estradas e vías de tren. Unha economía en auxe a pesar das sancións. Supoño que a gasolina, o gas e electricidade 4 veces máis barata ten moito que ver. En Kazán, sorprendeume o gusto pola arquitectura urbanística. Notábase o poderío económico da República do Tatarstán. Precisamente o submarino atómico que visitou Cuba leva o nome desta cidade.

En todas as cidades e povos que visitei sempre hai un respeto non disimulado do pasado comunista. Pagaron un alto prezo pola liberdade que teñen. En Volgagrado tirei boa conta desto. A cantidade de obras escritas sobre a Batalla de Stalingrado non achegan a verdadeira fazaña do aquí vivido. Dificil describir a sensación que conleva ubicarte debaixo da impresionante estatua da Nai Patria. Pechar os ollos e transportarte mentalmente a Novembro de 1941 provoca vértigo. Aquí precisamente. No alto do outeiro Mamaev Kurgan a terra enchoupouse de sangue. Sangue de comunistas, de patriotas e de veciños que deixaron unha invorrable pegada. Cómo soportar horas e horas seguidas de bombardeos da aviación, dos obuses e dos morteros para dar paso ao avance da infantería con tanques, e aínda sendo inferiores en número e armamento, frenar o avance dos nazis? Cómo resistiron? Cómo venceron? A sociedade soviética supuso unha fase superior para a humanidade mediante a educación e a instrucción do individuo. Defender a Patria dos Soviets era unha tarefa común, e non duns Xenerales sádicos. Elevouse a moral colectiva a tal punto de identificar a Guerra como unha causa noble, necesaria e común.

Ollei detidamente o aplacerado Volga. O cambio de guardia aproximabase ao Panteón a paso firme. Estimei canta distancia habería ata a orilla do río. Os nazis tiñan orden de avanzar mais os soviéticos non podían retrocer.  A Chama Eterna, os pedestais marcando a liña do 62º Exercito a 100 mts da orilla, a Praza Lenin cos  relieves do Exército Vermello, as ruinas da Casa Paulov, o Novo Museo Panorámico, o nome das rúas,... todo en honor aos seus heroes. Heroes coma o Capitán Rubén Rodríguez Ibárruri (fillo da Pasionaria), cuia placa pódese ver no Aleya Geróev.

Na Rúa Komsomoskaya fica o único vestixio dos invasores: o bunquer  co despacho do Xeneral Alemán Paulus tal cual o deixou en 1943. Foron capturados arredor de 90.000 soldados nazis, dos máis de 300.000 presentes ao inicio do cerco.

Chama poderosamente a atención o ben conservado e limpo do lugar. A xente pola rúa camiña sen presa. A povoación rusa ten moita retranca, como nós, mais tamén moita autoestima. Son pouco dados a expresarse coa vestimenta. Debido as devaluacións constantes do rublo, Rusia resulta barato. Comer nun restaurante á carta sae por menos de 15€. Un taxi pola cidade, non máis de 4 €. Xa non falemos do bus, metro ou transportes privados en furgonetas de viaxeiros.

Aquí sentinme coma da familia. Visitamos o Parque Natural Taganae nos Montes Urais. Sobrevivín á saúna rusa e bebín vodka cos cogumelos silvestres misturado con esmetana. Degustei diferentes cháis (tés) e comín peixes a barrer: bacallao, gallineta, piercu, bagre, e outros máis afumados e salgados de nome descoñecido. Aficioneime ao Hocquei sobre xeo bebendo a cervexa artesanal. Tamén din conta dos “fakes news” vertidos sobre as eleccións presidenciais. Deleitei o film “O Duelo do século” ao tempo que coñecín a casa materna do GM Karpov. Vivín o lamentable atentado no Crocus City Hall retrotraéndome ao vivido en Madrid. Sorprendeume non escoitar un político coma Aznar acusando aireadamente da autoría de mortes de inocentes. En Rusia esto non funcionaría. Rusia aínda segue viva.

Mágoa que sigamos naquel antisovietismo imposto polos ianquis tras a II GM. Manter erguido o muro contra Rusia resulta en van. A súa literatura, historia, as conquistas do cosmos, os avances na ciencia, e a aportación política-ideolóxica, queirámolo ou non, forma parte do noso acervo como povo.

Temas: VIAXES RUSIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Carallán

E que nos contas do pacto nazi-comunista coñecido como Ribbentrop-Molotov que deu permiso a Hitler para invadir Polonia e comezar a guerra?

1 anonimo

Tiñan o deber de protexerxe do "Acordo de Munich". Coñecelo?