Temas: FRASEOLOXíA

Expresións galegas da castelá “a dos velas”( 3ª parte): sgdo. de “sen conseguir comprender ou entender algo”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 30/06/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Nesta entrega ímoslle pór o ramo á secuencia fraseolóxica castelá a dos velas, rematando o seu tratamento con aqueles casos en que a dita secuencia fornece, grosso modo, o significado de “sen conseguir comprender ou entender algo”.

Falar en público
Falar en público

A dos velas

{= Sen conseguir comprender ou entender algo.}

A velas vir

A pan pedir

Na inopia

A asubiar

[E MAIS]:

A pingar o moco

A lamber a buxa

Ex.: Este profesor utiliza un nivel tan elevado en sus explicaciones que me quedo a dos velas.

Este profesor utiliza un nivel tan elevado nas súas explicacións que eu quedo a velas vir a pan pedir na inopia a asubiar a pingar o moco a lamber a buxa.

● Tamén:

A oscuras && A ciegas && A buenas noches

Ás cegas && Ás escuras && A ruches

● Tamén:

In albis && En blanco

In albis && En branco

Ex.: Este profesor utiliza un nivel tan elevado en sus explicaciones que me quedo a dos velas.

Este profesor utiliza un nivel tan elevado nas súas explicacións que eu quedo ás cegas ás escuras a ruches in albis en branco.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta