Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/06/2024 | Actualizada ás 13:29
A muller, de 43 anos, que resultou ferida na explosión da súa vivenda na Illa de Arousa por un escape de gas faleceu. O suceso produciuse sobre as 14.55 horas do luns nunha vivenda situada na travesía do Castro, número 26. A muller foi trasladada ao hospital público da Coruña (Chuac) onde permanecía ingresada.
Ademais, na vivenda atopábase o seu fillo, menor de idade, que foi atendido no punto, pero non tivo que ser trasladado. A explosión produciuse por un escape de gas ao acender o quentador e resultaron afectadas unha vivenda de en fronte e outra á beira pola ruptura de xanelas e tellas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.