Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2024 | Actualizada ás 17:36
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembrou que as familias poden usar a 'Tarxeta Benvida' para comprar os produtos básicos tras o nacemento dun bebé desde a semana 21 de embarazo.
Así o fixo este sábado na súa visita á tenda de puericultura Míster Baby, en Pontevedra, e explicou que esta é unha das novidades incluídas este ano pola Xunta no programa que conta con oito anos de traxectoria. A conselleira destacou que o goberno autonómico continua mellorando a 'Tarxeta Benvida' atendendo ás necesidades das familias.
Neste sentido, incidiu en que a Xunta é consciente de que nos meses previos ao nacemento as familias teñen que facer un importante desembolso para comprar as cousas dos bebés, polo que era necesario contar con ese apoio económico durante o embarazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.