Os concellos aspirantes á bandeira verde de Galicia soben un 80% este ano ao rexistrarse 34 candidaturas

Que remarca a implicación no coidado da paisaxe e do patrimonio natural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2024 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

As bandeiras verdes de Galicia seguen consolidándose na súa quinta edición ao rexistrarse este ano un 79% máis de candidaturas que en 2023, cun total de 34 concellos aspirantes a recibir a distinción.

O recoñecemento, creado e xestionado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET), ten como obxectivo remarcar a implicación das entidades locais e dos veciños no coidado da paisaxe e do patrimonio natural distinguindo ao concello máis dinámicos neste ámbito.

Por iso, valoran as boas prácticas para o coidado da contorna, o respecto á paisaxe, a redución das emisións de dióxido de carbono, a posta en valor dos monumentos naturais, a educación e sensibilidade ambiental, a redución do consumo enerxético e iniciativas de dignificación do territorio. A orde coas bases reguladoras para outorgar estes distintivo foi publicada a mediados de marzo no Diario Oficial de Galicia e a súa concesión será despois do verán tendo en conta o grao de cumprimento dos criterios recolleitos na mesma.

O ámbito de actuación nos que se encuendran as accións incluídas nas candidaturas son a ordenación do territorio, a protección do medio ambiente e da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación relacionadas co anterior.

Director do IET coa bandeira verde
Director do IET coa bandeira verde | Fonte: CONCHI PAZ - Xunta de Galicia - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta