Galicia gaña 7.579 afiliados á Seguridade Social en xuño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2024 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou unha media de 7.579 cotizantes en xuño en Galicia (+0,70%) con respecto a maio, cun total de 1.084.871 afiliados na comunidade galega. Ese incremento intermensual é máis do dobre que o rexistrado no conxunto do estado, do 0,33%, segundo os datos publicados polo Ministerio de Seguridade Social e o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En termos interanuais, a afiliación creceu en 17.641 en xuño (+1,65%) en Galicia, neste caso por baixo do 2,5% da media de avance do Estado. Por provincias, a maior subida relativa fronte a maio anótalla Pontevedra (1%), seguida de: Lugo (0,75%); Ourense (0,60%) e A Coruña (0,46%).

A gran maioría dos inscritos na Seguridade Social en Galicia pertencen ao Réxime Xeral, o máis numeroso do sistema, en concreto 860.624. A eles súmanse 205.699 autónomos e 18.547 traballadores do mar.

Oficina da Seguridade Social/Gc Oficina da Seguridade Social/Gc
Oficina da Seguridade Social/Gc Oficina da Seguridade Social/Gc

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta