A defensa do alcalde de Porto do Son rexeita que cometese prevaricación e pide a súa absolución

Segundo apunta o escrito fiscal, o feitos obxecto de xuízo ocorreron en 2011, cando Oujo entrou a gobernar. Naquel momento, explica, o Concello contratou a un arquitecto técnico por un ano e o contrato foise alongando, para o que a Administración local tivo que levantar diferentes reparos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/07/2024 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

A defensa do alcalde de Porto do Son, Luís Oujo (PPdeG), solicitou a "libre absolución" para o seu cliente no xuízo que se celebrou na Audiencia Provincial da Coruña por presunta prevaricación en relación á contratación dunha arquitecta técnica. A Fiscalía, pola súa banda, pediu o sobresemento provisional das actuacións, en contraposición á acusación popular que solicita a "inhabilitación" do rexedor.

Segundo apunta o escrito fiscal, o feitos obxecto de xuízo ocorreron en 2011, cando Oujo entrou a gobernar. Naquel momento, explica, o Concello contratou a un arquitecto técnico por un ano e o contrato foise alongando, para o que a Administración local tivo que levantar diferentes reparos.

Luis Oujo
Luis Oujo | Fonte: cnportodoson.es - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta