Altri non recibirá, por agora, ningún fondo da UE

O BNG asegura que a Comisión Europea afirma que non recibiu ningunha proposta para dotar de fondos a este proxecto

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O BNG asegura que a Comisión Europea volveu a confirmar que non se presentou ningunha proposta para solicitar fondos europeos para o proxecto que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

A eurodeputada electa do Bloque, Ana Miranda, destacou que é necesario "seguir presionando en Bruxelas, en Madrid e en Galicia" para tratar de "frear o desastre ambiental que supón Altri".

Así, tras a resposta da Comisión, Miranda defendeu que se está "a tempo de parar" o proxecto e de que "non se cometa unha atrocidade ambiental". "Desde que as plataformas estiveron en Bruxelas seguimos coa presión, e máis agora como eurodeputada electa, que estarei na Comisión de Peticións precisamente para parar este proxecto", defendeu a eurodeputada galega.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto a diferentes plataformas e entidades que acudiron a Bruxelas a denunciar o proxecto de Altri
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto a diferentes plataformas e entidades que acudiron a Bruxelas a denunciar o proxecto de Altri | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta