Condenan a case tres anós de cárcere a un home por insultar e mallar na muller e nos fillos

"Vagos", "fillos de puta" ou "parvos" eran algúns dos insultos que profería.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/07/2024 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos e dez meses de cárcere a un acusado de maltratar á súa esposa e aos seus tres fillos. “Queda demostrada a existencia duns malos tratos habituais á súa muller, que alcanzou tamén a todos os demais integrantes da familia, particularmente á filla, pero tamén aos dous fillos”, salienta o tribunal na sentenza, na que o condena como autor de dous delitos de malos tratos, un deles habitual, sobre a muller. Ademais, impúxolle a privación do dereito á tenza e porte de armas durante seis anos e a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros e de comunicarse coa vítima e cos seus tres fillos durante sete anos. 

Xuízo contra un acusado
Xuízo contra un acusado | Fonte: Europa Press

Os maxistrados consideran probado na sentenza que, durante a convivencia, dentro dos diferentes domicilios, e moitas veces en presenza dos menores, o acusado “insultou reiteradamente á súa muller, chamándoa puta, filla de puta, vaga, esixíndolle que limpase a casa, chegando a agarrala e a empuxala”.

Na resolución, relatan que, en 2017, durante unha discusión na vivenda familiar por unha infidelidade do condenado, se produciu un forcexo entre ambos, asestándolle o procesado unha puñada na cabeza á vítima. Os xuíces aseguran que “o comportamento desabrido e, en ocasións, violento do condenado tamén versou sobre os outros membros da familia, especialmente sobre a súa filla, á que, en datas que non constan, golpeou coas mans, cun cinto ou con zapatos, dicíndolle frecuentemente que era unha filla de puta e unha vaga, esixíndolle que axudase nas tarefas domésticas”.

Aos outros dous menores, segundo sinala a Sala, “gritáballes, e chamaballes parvos, e algunha vez chegou a pegarlles, en datas que non constan”. A Sala explica que non lle impuxo a inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade dos seus dous fillos menores porque, tendo en conta as súas idades, “carecería en boa medida de virtualidade práctica”. A sentenza non é firme, pois contra ela cabe interpoñer recurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta