Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2024 | Actualizada ás 18:40
O condutor dunha furgoneta que envorcou na AP-9, á altura do municipio coruñés de Abegondo, resultou ferido este luns. Segundo informou o Consorcio contra Incendios da Coruña, os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes foron alertados polo 112 Galicia pasadas as 13.00 horas.
Tal e como apuntan, a incidnecia foi provocada por unha furgoneta que envorcou mentres circulaba en dirección á Coruña, deixando unha vertedura de combustible sobre a vía. O ocupante do turismo resultou ferido e non quedou atrapado no interior.
SAÍDA DE VÍA EN RIBEIRA
Por outra banda, informan dunha saída de vía cunha persoa ferida no CP-7304 á altura de Artes, no Concello de Ribeira. Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira interviñeron esta mañá nun accidente de tráfico producido no CP-7304, ao seu paso por Artes, no municipio de Ribeira.
A incidencia foi provocada por unha saída de vía na que a ocupante do turismo necesitou ser trasladada ao Hospital de Barbanza.
INCENDIO NUNHA PALMEIRA EN RIBEIRA
Por último, os bombeiros de Ribeira tamén interviñeron no incendio dunha palmeira no paseo das Carolinas, no Concello de Ribeira. Concretamente, foron alertados pasadas as 14,40 horas. O operativo consistiu na extinción do lume, que só afectou á capa de pelo exterior que recubre a árbore.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.