Ortigueira da a benvida ao Festival Internacional do Mundo Celta

A organización habilita unha nova liña de autobuses e máis espazo para acampar debido á gran afluencia de público.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2024 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira comeza este xoves cunha cerimonia inaugural na Praza Isabel II ás 20:00 horas, onde se izarán as bandeiras das oito nacións celtas e actuará a Escola de Gaitas do municipio. Este acto dará inicio a catro días de festival marcados polas actuacións de 21 bandas e artistas internacionais e nacionais.

Segundo fontes do Concello consultadas por Europa Press, a ocupación hoteleira en Ortigueira "leva esgotada unha semana" e debido a esta situación os asistentes que chegan a última hora "buscan aloxamento en zonas próximas como Cedeira.

A organización subliñou que aínda que aínda non manexan cifras de asistencia ao tratarse dun festival de entrada gratuíta, a a zona de acampada "está moi chea" polo que habilitaron outra liña de buses, cando iso non é o habitual. Ademais dos concertos, o festival ofrece unha ampla gama de actividades. Desde talleres de baile galego ou bretón ata charlas sobre a cultura celta e un laboratorio de creación de cantigas novas.

NOVIDADES 2024

Este ano, parte dos concertos poderán seguirse en directo coa plataforma musical Tolemias, a través da súa aplicación ou mediante a web Do mesmo xeito que o Festival na Rúa, que poderá seguirse no perfil de Instagram do evento. Así mesmo, o pase de Fillas de Cassandra, que terá lugar a noite do venres ao sábado ás 00:50 horas, poderá verse en directo.

Escenario principal do Festival de Ortigueira, na súa edición do ano 2019. EUROPA PRESS - Arquivo
Escenario principal do Festival de Ortigueira, na súa edición do ano 2019. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Outra das novidades desta edición é a introdución dun sistema de pago 'cashless' para as barras, un sistema co que os usuarios poderán realizar pagos mediante pulseiras recargables. Finalmente, esta edición contará cun punto violeta e unha plataforma para persoas con mobilidad reducida (PMR), para "promover un ambiente seguro e accesible".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta