Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2024 | Actualizada ás 20:13
O BNG denunciou a "vulneración de dereitos lingüísticos por parte do Goberno central e do Ministerio de Educación", tras esixir a tradución ao español de documentos presentados en galego por estudantes de FP. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, destacou que a lei ampara aos cidadáns a usar linguas oficiais diferentes do castelán sen necesidade de tradución, polo que lles instou a "cumprir a lei e rectificar esta decisión".
A Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas recoñece de que no caso de que un cidadán elixa usar unha lingua oficial distinta ao castelán, "a Administración deberá aceptar os documentos e testemuños requiridos na lingua escollida". Despois de que os nacionalistas denunciasen publicamente esta situación, o Ministerio de Educación recoñeceu esta vulneración, ademais de que non respectaban a lexislación vixente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.