Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2024 | Actualizada ás 18:58
A chegada a Galicia das 470 persoas migrantes procedentes de Canarias que, na súa maioría, foxen da guerra en Mali e contan con solicitude de asilo, prevista para esta semana foi aprazada ata a próxima.
Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno, aínda que a previsión é que estas persoas empezasen a chegar a Galicia este xoves, día 25 de xullo, posponse para a próxima semana.
Con todo, mantéñense as localidades ás que irán: a previsión é que se dirixan a Santiago, a Becerreá, a Ourense, a Monforte e a Allariz.
Ademais, o primeiro grupo de persoas chegará, previsiblemente, a próxima semana ao Monte do Gozo, en Santiago de Compostela.
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, informou desta modificación ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á alcaldesa de Santaigo, Goretti Sanmartín, desta modificación, dentro do que a Delegación do Goberno enmarca nunha "comunicación fluída e leal" entre as diferentes administracións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.