Consulta aquí as listaxes de admitidos en varias categorías de sanitarios e de administración

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2024 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos: unha cos aspirantes admitidos e excluídos na convocatoria excepcional de estabilización por concurso de méritos e as puntuacións para ingresar as diversas categorías de sanitarios funcionarios da escala de saúde pública e administración.

En canto ao proceso de estabilización, ofertáronse por concurso de méritos --sen oposición-- un total de sete prazas, das cales tres son de farmacéuticos inspectores en saúde pública, tres en inspectores médicos e unha en subinspector sanitario.

Estas súmanse a outras 44 vacantes por concurso-oposición en tres categorías de persoal funcionario: farmacéutico inspector de saúde pública (18), inspector médico (20) e subinspector sanitario (6).

Todas estas listaxes e a información para verificar a correcta aplicación das bases á convocatoria están a disposición dos interesados na web do Sergas. Alí, en 'Fides', cada aspirante pode consultar o estado da súa solicitude, á parte do número de orde e a puntuación obtida nos distintos epígrafes do baremo. Contra a puntuación provisional, os admitidos disporán dun prazo de reclamación de 10 días hábiles, é dicir, desde este luns ao venres 9 de agosto.

Edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela
Edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta