Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2024 | Actualizada ás 20:57
Unha traballadora dun hotel da avenida Enrique Peinador, en Mondariz-Balneario perdeu a vida este sábado tras caer por unhas escaleiras.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos antes das 15.30 horas e foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que deron a voz de alarma.
A central de emerxencias tamén solicitou a colaboración da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade de Oitavén-Tea.
Ata o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.