Cae un home do tellado dunha vivenda en Tordoia mentres estaba arreglando as uralitas

Ata o punto foi preciso desprazar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 03/08/2024 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios despois de sufrir unha caída desde un tellado na parroquia de Castenda da Torre, no municipio coruñés de Tordoia. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon pouco despois das 17.30 horas no lugar de Vilar. Foron os servizos sanitarios quen deu aviso ao 112 de que unha persoa caera mentres arranxaba as uralitas do tellado da vivenda.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: Arquivo

Con esta información, os operadores do 112 Galicia mobilizaron á Garda Civil da Coruña. Mentres, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A continuación, o ferido foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta