Profesionais das Terapias Naturais rexistran en Galicia un código de boas prácticas para un sector en expansión

Desde 2022, a súa actividade centrouse en presentar ás distintas comunidades autónomas este documento para un sector "en continua expansión", como a terapia nutricional ou os tratamentos con suplementos nutricionais e vitaminas, a Fitoterapia, a Quiromasaxe, a Drenaxe Linfática, a Reflexoloxía, o Aiurveda, o Ioga ou a meditación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2024 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A Asociación Nacional de Profesionais e Autónomos das Terapias Naturais (Cofenat) rexistrou na sede electrónica da Consellería de Economía da Xunta a súa proposta de 'Código de Boas Prácticas no sector dos profesionais das Técnicas Naturais', co propósito de avanzar na regulación do sector.

O presidente de Cofenat, Roberto San Antonio-Abad, destacou que levan anos reclamando a regulación do sector para garantir "seguridade, transparencia e respecto ao usuario e ao profesional" das terapias naturais. En concreto, a asociación leva desde 1984 representando os intereses dos profesionais das terapias naturais, dos seus asociados, e das súas escolas acreditadas, e velando pola seguridade de quen usan estas técnicas.

Desde 2022, a súa actividade centrouse en presentar ás distintas comunidades autónomas este documento para un sector "en continua expansión", como a terapia nutricional ou os tratamentos con suplementos nutricionais e vitaminas, a Fitoterapia, a Quiromasaxe, a Drenaxe Linfática, a Reflexoloxía, o Aiurveda, o Ioga ou a meditación. O código de boas prácticas busca "un exercicio máis transparente, seguro e respectuoso non só cos usuarios, senón tamén cos profesionais deste sector", afirma nun comunicado Roberto San Antonio-Abad.

Masaxe
Masaxe | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta