Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2024 | Actualizada ás 12:09
A Xunta lembrou que o vindeiro venres, 9 de agosto, pecha o prazo para solicitar as axudas a entidades de formación para que impartan cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024-2025, cun orzamento de 76 millóns de euros, o máis alto dos últimos 15 anos. Segundo informou o Executivo galego, con este orzamento aspiran a cualificar a unhas 18.000 persoas sen traballo.
Para optar a estas axudas darán prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas e polos traballadores nas oficinas de empregos. Entre os perfís que son mais requiridos destacan os vinculados coa atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, auxiliares de servizos administrativos e xerais, transporte sanitario, actividades auxiliares de almacén ou operacións básicas de cociña, entre outros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.