Leiro acada os 38,2 ºC, marcando a temperatura máxima deste domingo en Galicia

Todo iso nunha xornada na que se activou a alerta amarela na conca do Miño en Ourense e Valdeorras ao esperarse temperaturas máximas superiores aos 36 ºC.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/08/2024 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Leiro alcanzou este domingo os 38,2 ºC, sendo a temperatura máxima rexistrada en Galicia durante esta xornada. Segundo Meteogalicia, varios puntos da provincia de Ourense superaron os 36 graos. Así, en Arnoia o mercurio marcou os 37,9ºC, Ourense capital os 37,5ºC e Vilamartín de Valdeorras os 36,6ºC.

Termómetro con altas temperaturas
Termómetro con altas temperaturas | Fonte: Europa Press - Arquivo

Todo iso nunha xornada na que se activou a alerta amarela na conca do Miño en Ourense e Valdeorras ao esperarse temperaturas máximas superiores aos 36 ºC. Pola súa banda, este luns Galicia quedará nunha situación intermedia entre as baixas presións nas Illas Británicas e as altas presións situadas en Azores.

Neste sentido, pola mañá haberá máis nubes na metade norte e ceos máis abertos no sur. Pola tarde os ventos de compoñente oeste deixará moita humidade, con néboas no litoral atlántico e nubes baixas entrando polo oeste, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, especialmente no sur. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta