Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2024 | Actualizada ás 14:23
444 millóns de euros. Esa é a cifra redonda que Galicia deixará de percibir do sistema de financiamento autonómico se se consuma o pacto entre ERC e PSC para a investidura de Salvador Illa segundo un informe dado a coñecer pola Consellería de Facenda.
Tal e como informou o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Galicia perderá 444 millóns ao ano se Cataluña sae do sistema de financiamento autonómico pola caída das achegas ao Fondo de Garantías e a merma de recursos do Estado. Así, e segundo indicou, serán 270 millóns os que se perdan do Fondo de Garantía, 83 millóns do Fondo de Cooperación e 91 millóns das transferencias finalista, o que poría en perigo programas para politicas de emprego ou dependencia.
"Isto é o impacto para a nosa Facenda en base a criterios completamente obxectivos", destacou Rueda. "Se Madrid e Baleares pediran o mesmo pois o impacto sería moito mellor", indicou. Lembrou que mesmo "algúns presidentes socialistas" manifestáronse sobre o "prexuízo" que este acordo suporá en prexuízo das facendas autonómicas "en todos os casos".
De tal forma, Rueda comprometeu que vai facer " todo o necesario para que Galicia non perda eses recursos", de modo que esixe ao Goberno central que ten que facer algo, "como mínimo, para equilibralos". E é que remarcou que este estudo pon "negro sobre branco" o que Galicia deixará de percibir, a pesar de que a oposición: "Será capaz de dicir que saímos gañando cando saímos perdendo case 500 millóns de euros".
"MOSCA DETRÁS DA ORELLA"
Cuestionado sobre se este cálculo de 444 millóns recollerase nos orzamentos galegos para 2025, Rueda explicou que o Goberno galego ten a "obrigación" de orzar cos "datos oficiais" dos que dispoñen "agora mesmo", aínda que di que teñen a "mosca detrás da orella". "En canto teñamos pronunciamento oficial, a cousa cambiará e cambiará moito", dixo.
Advirteu de que a Xunta estará "moi vixiante" e censurou que o Goberno central leva a cabo aquilo que "foron dicindo que nunca faría". De feito, considera "moi significativa" a "desaparición da escena pública da ministra de Facenda". Rueda incide en que seguirán pedindo un Consello de Política Financeira e Fiscal (CPFF) para abordar esta cuestión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.