Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/08/2024 | Actualizada ás 18:27
Varios conatos de incendios declarados en diferentes puntos da provincia de Ourense foron extinguidos en municipios como Oímbra, Vilariño de Conso e Celanova.
Segundo informan fontes da Consellería de Medio Rural a Europa Press, ás 23,07 do pasado luns entraba por Oímbra, parroquia de San Cibrao, un lume procedente de Portugal, o cal quedou extinguido ás 4,00 horas da madrugada deste martes. Queimou 0,01 hectáreas en territorio galego, onde participaron medios propio --tres axentes, seis brigadas e dúas motobombas-- en colaboración co operativo portugués.
Pola súa banda, Celanova rexistrou dous conatos, ambos na parroquia de Amoroce. O primeiro comezou ás 12,38 horas deste martes e extinguiuse ás 15,29. Deixa 0,06 hectáras calcinadas. Mobilizáronse a dous helicópteros, unha motobomba, tres brigadas, un axente e un técnico.
O segundo dos conatos de Celanova tivo o seu inicio ás 14,18 horas e extinguiuse pouco despois de media hora con 0,01 hectáreas queimadas. Acudiron dous helicópteros, unha brigada e un axente.
Posteriormente, iniciouse ás 14,40 horas un lume no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira, o cal queimou 0,23 hectáreas de monte raso antes de ser extinguido ás 17,28 horas. Acudiron tres helicópteros, sete brigadas, unha motobomba e dous axentes.
Precisamente, os municipios ourensáns de Oímbra, Monterrei e Cualedro están en risco extremo de incendio este martes, segundo o índice diario de lumes forestais (IRDI) que publica a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.