Por Ángela Precedo | VIGO | 18/08/2024 | Actualizada ás 14:00
Unha cidade forma parte intrínseca da vida dos milleiros de persoas que nela viven e teñen que transitar polas súas rúas cada día. Por iso, a creación de espazos amigables coa sociedade e que resulten un punto de desconexión do axetreo diario é algo que cada vez se precisa máis. Neste senso, ao igual que no seu momento os parques e os xardíns, o muralismo chegou para encher de cor espazos noutrora grises e escuros, tan propios do feísmo que caracteriza a moitas construcións urbanísticas. Agora que os festivais de creación de murais están cada vez máis de moda, hai un que segue marcando tendencia ano tras ano: 'Vigo Cidade de Cor'.
Unha das principais novedades deste 2024 e que non deixou indiferente a ninguén foi a creación do mural 'Coida Coia'. Máis dun quilómetro de rúa en pleno centro de Vigo se atopa agora decorado con chamativas cores que resaltan e dan vida ao barrio de Coia, permitindo que cada día centos de vigueses e visitantes desfruten desta creación que, da man da artista Vanesa Álvarez, pintaron 200 voluntarios ao longo dunha semana. Máis en concreto, este proxecto de arte urbano abarca o tramo que discorre entre Praza América e a rotonda do barco 'Alfageme'. Antes a liña que agora está pintada correspondía á antiga pista de bicicletas, que quedara xa en desuso coa chegada da nova e que se atopaba morrendo co paso do tempo, cunha cor marrón moi apagada.
Verdes, amarelos e azuis son as cores predominantes, pois a intención é a de celebrar a vida e a natureza, aínda que tamén hai laranxas e violetas, xa que a artista tamén buscaba impregnar a súa obra (e a deses 200 voluntarios) dunha fonda pegada ecoloxista e feminista, concienciando tamén á sociedade da necesidade de coidar o noso planeta, porque só temos un. Tamén hai un feixe de referencias, como non podía ser doutro xeito, á cidade de Vigo: os fogos de artificio de Coia, olivos, camelias, pulpos... O máis significativo é que o éxito deste proxecto non remata aquí. O concello xa ten plans de expandir este mural o próximo ano, para que chegue ata os Volcáns, acadando unha lonxitude total de 2 quilómetros, é dicir, o dobre que na actualidade.
Mural 'Coida Coida', da edición do festival 'Vigo Cidade de Cor' do 2024 | Fonte: GCVer esta publicación en Instagram
Una publicación compartida de Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Mural 'Coida Coida', da edición do festival 'Vigo Cidade de Cor' do 2024 | Fonte: GC¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Nomean a Jaime Pena como novo director da Filmoteca de Galicia
- O Museo de Pontevedra presenta este mércores a serie sobre frei Rosendo Salvado
- Rigoberta Bandini volve aos escenarios cun concerto na Coruña o 21 de xuño
- O XXII Premio de Poesía Afundación reca en Miguel Monteavaro pola súa obra 'Cortar pescado en Manila'
- Cando deixaron as galegas e os galegos de levar sancosmeiros e puchos?
- O filme noruegués 'Armand', premio a mellor película do 38º Cineuropa