Política Social confirma problemas na climatizació dun centro de DomusVi en Santiago

Enviaron un técnico ao centro para avaliar a situación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2024 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Fontes da Consellería de Política Social confirmaron a Europa Press que ao longo da mañá deste venres "enviaron a un técnico á residencia DomusVi de Pontepedriña", despois de que familias de usuarios denunciasen nos últimos días as "elevadas temperaturas" dentro do centro e a falta de aire acondicionado desde 2023. Para solucionar a situación, avanzaron que se cambiará o sistema de climatización.

Segundo explicaron as familias, os problemas remóntanse ao ano pasado, "cando se estragou o seu sistema de climatización", unha situación que cualificaron de "bochorno insufrible" e que derivou en "temperaturas que roldan os 29 graos ás 18.00 horas". En relación a esta cuestión, fontes da consellería explicaron que, despois de ter coñecemento da situación a través dun particular, "enviaron un requirimento" a quen xestionan o centro.

Así mesmo, aseguraron que tras recibir a resposta a ese requirimento, "enviaron este venres a un técnico da Consellería que constatou o problema" denunciado polas familias, polo que se decidiu que se "cambiará o sistema de climatización". Nesta liña, aseguraron que "non farán unha reparación" no aire acondicionado, senón que se tratará dun cambio completo do sistema que farán en canto poidan, porque son "datas complicadas".

Con todo, a Consellería puntualizou que non se trata dun problema que afecte a toda a residencia de maiores de Pontepedriña, senón que ven damnificadas as zonas comúns, "pero non as habitacións".

Centro de DomusVi en Pontepedriña, Santiago
Centro de DomusVi en Pontepedriña, Santiago | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta