Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 12:59
A Xunta ampliará a partir do 1 de setembro o servizo de autobús entre o IES Eduardo Pondal de Ponteceso ata Laxe e Carballo, despois de reorganizar cinco liñas e engadir 15 novas paradas.
Segundo explicou nun comunicado, a implantación destas medidas "facilitará o acceso en transporte público ao alumnado do ensino non obrigatorio que se imparte no centro", por exemplo os novos ciclos de Formación Profesional que darán comezo este curso. Nesta liña, detallou que esta reorganización no servizo de transporte do centro tamén asegura un deseño das liñas "optimizado" para aqueles estudantes de ensino obrigatorio con reserva de praza.
Ata este momento, as liñas integradas que prestan servizo no IES Eduardo Pondal contaban con paradas en Ponteceso e en Malpica de Bergantiños. Polo que co obxectivo de ampliar a cobertura do servizo, prolongaranse dúas liñas ata Carballo e Laxe e incorporaranse esas 15 paradas non integradas en Cabana de Bergantiños, Carballo e Laxe.
Así mesmo, á prolongación desas dúas liñas sumarase un cambio de liña noutras 9 paradas, "co fin de optimizar a configuración xeral do servizo". Así o decidiron nunha reunión recente entre a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e o alcalde da localidade José Manuel Mato.Debido ás modificacións mencionadas axustáronse os horarios para asegurar que "a chegada ao centro mantense en todos os servizos ás 8,20 horas coa marxe adecuada para o inicio das clases".
AXUDAS VIVENDA
Por outra banda, a Xunta de Galicia licitou as obras de rehabilitación de catro edificios para crear 14 vivendas para aluguer social en Ourense, Ribadavia e Tui, cun investimento total de case 3,2 millóns de euros.ais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.