O SLG pide medidas ante a enfermidade hemorráxica e a crise do sector lácteo

Foi no marco dunha xuntanza coa conselleira do Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pediu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que habilite as axudas comprometidas ante os casos de enfermidade hemorráxica epizóotica no gando bovino e que permita incluír nelas o custo da vacina.

Fíxoo tras unha reunión con representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG), entre eles a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, quen cifrou en 350 as granxas que xa teñen un diagnóstico e noutro centenar as que están pendentes de que se confirme se teñen gañado con esta enfermidade. Por iso, reclamou "interlocución" entre as administracións e que se axilice o pago de axudas.

Foi tras unha reunión, na sede da Consellería que, ao termo da mesma e nun comunicado, informa que a titular de Medio Rural remitirá unha carta ao ministro Luís Planas coa reclamación da Xunta de face a buscar o "consenso co sector".

OUTROS ASUNTOS

No encontro, desde o SLG tratáronse tamén outros asuntos, segundo precisou a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, que aludiu a "problemas importantes" en sectores como o lácteo ou o cárnico, polos prezos, pero tamén pola uva "almacenada" en adegas e sen recoller.

"Fálase de máis dun millón de quilos sen recoller", precisou ao solcitar medidas para abordar esta situación pero tamén sobre outras cuestións como a destilación do viño sobrante. "Algunhas non son receptivas", dixo sobre o caso de determinadas adegas.

En canto ao sector lácteo, lamentou que non se creou aínda o Observatorio do Sector Lácteo galego "que se dixo íase a crear" e engadiu que só quedan 5.000 granxas. Mentres, pediu á industria que se comprometa a manter a recollida do leite e a ofertar uns prezos que permitan "vivir polo traballo". "Hai unha caída de prezos constante", aseverou.

Ademais, reclamou á Xunta medidas para o sector da horta, que cualificou como a "esquecida". "Non hai actuacións cando teñen perdas", manifestou a secretaria xeral do SLG, quen trasladou a preocupación pola substitución xeracional.

Reunión da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, con representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG). XUNTA
Reunión da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, con representantes do Sindicato Labrego Galego (SLG). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta