Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2024 | Actualizada ás 19:02
Comisións Obreiras trasladou á Xunta a súa oposición á posibilidade de que se premita a apertura dos comercios durante os domingos e as xornadas festivas.
Nun comunicado emitido este luns, o sindicato sinalou que esta foi a resposta á consulta feita pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo sobre a flexilización horaria no comercio galego.
Comisións Obreiras rexeita esta medida ao considerala "prexudicial" para as condicións dos traballadores do sector e entende que constitúe "un elemento que contribúe á precaridad" porque "prolonga" as xornadas e "impide a concialiación da vida laboral e familiar".
Así pois, considera que "nada substancial cambiou nos últimos anos" e mantén a súa oposición a que se flexibilice a apertura dos comercios os domingos e festivos, pois CC.OO. cre que o horario comercial tradicional "xa abastece suficiente" as necesidades da poboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.