Un menor de idade dálle unha labazada a Rajoy en Pontevedra

O rapaz acercouse ó presidente para facerse unha 'selfie' e aproveitou para dárlle unha labazada na cara que lle tirou os lentes. Varias persoas berraron “bravo, bravo!” tras o incidente e outros "presidente, presidente". O mozo foi detido. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/12/2015 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un mozo de 17 anos foi detido por darlle unha labazada na cara ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, mentres camiñaba polas rúas de Pontevedra, a cidade que o víu crecer e na que ten a maior parte dos seus amigos.

Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra. Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra.
Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra. Momento da agresión a Rajoy en Pontevedra / Diario de Pontevedra.

O rapaz, identificado como Manuel V., segundo informa Javier Casqueiro en El País, acercouse a Rajoy mentres este daba un paseo pola cidade para pedirlle unha foto. O presidente español accedeu e foi nese momento, cando o mozo aproveitou para darlle unha labazada na cara que lle tirou as gafas ao chan, como se pode ver neste vídeo publicado por Diario de Pontevedra.

Inmediatamente os escoltas de Rajoy reduciron ao rapaz que se resistiu a súa detención. "Estou moi contento de facelo", dixo tras ser detido.A agresión produciuse sobre as 17.50 á beira da igrexa da Peregrina cando Rajoy ía acompañado doutros dirixentes do PP.  

 

Segundo informa Natalia Puga en El Mundo, varias testemuñas sinalan que algúns dos presentes acirraron ao home ao berro de "bravo, bravo!", mentres que o presidente do Goberno preguntou en voz alta: "Como puido pasar isto?"

Rajoy pasea por Pontevedra antes de que un mozo lle dese unha labazada na cara
Rajoy pasea por Pontevedra antes de que un mozo lle dese unha labazada na cara | Fonte: @anapastorjulian

 

Ana Pastor, que acompañaba ao xefe do Executivo durante o paseo, condenou a agresión a través da súa conta de Twitter. "Non teño palabras para expresar a miña indignación pola agresión de que foi vítima esta tarde polas rúas de Pontevedra @marianorajoy".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

8 yaestabien

a labazada foi planificada e feita polo pp igual que os monarquicos queimaron a primeira igrexe na republica

7 galegoexiliado

Xa o dixo onte en La Curuña san Mariano, vítima y mártir, "los gallegos somos gente tranquila y tenemos lo que hay que tener". E cando aos niñatos radiacis da dereita se lles hincha "eso que ustedes están pensando", reaccionan como foron educados, a labazadas. Pero ainda hai egoístas que falan de paro, corrupción... en vez falar da persecución a secta do pp e de canonizar a san Mariano na misa electoral do vindeiro domingo.

6 seseses

"menor" e o meu sobrino con 11 anos. O que se coce nas tv, estoupa nas ruas

5 Abrente

O mozo fixo o que lle piden a Beiras pola rúa, segundo ten dito o en máis dunha ocasión: "Pégalles unha hostia!, pero non o fago, aínda que o merecen, porque me deteñen". O chaval fíxolle o traballo. Xa pode estarlle agradecido. Terá que poñelo nas listas para deputado galego, que seguro que lle pega a hostia a Feijoo que el non se atreve. Beiras é un cobarde que provoca a desgracia destes mozos, algúns na cadea para anos, mentres el vive coma dios, rodeado de lamecús que lle rin as gracias sen gracia.

1 Balbino

Home, iso é como dicir que as persoas que se suicidan polos desafiuzamentos son instigadas por Mariano Rajoy. Ti mesmo...

2 XanKaraLlás

Abrente, non digas estupideces. A orixe de todo está na antisocial política de recortes. Tiña razón Pedro Sánchez cando lle dixo a Rajoy que non era decente, aínda que o dixo hipocritamente porque o PSOE tamén é indecente. O problema é o PPPSOE, o partido do sistema culpable dos recortes. E os recortes MATAN. A maneira de resolver a situación non é, evidentemente, darlle unha hostia a Rajoy, a maneira de resolver esta situación infame na que se lles fai pagar a crise aos máis débiles para que se lucren os de sempre, é deixar de votar co cu, sobre todo en Galicia, e acabar con esa indecencia de darlle ao PP maiorías absolutas unha e outra vez. XA ESTÁ BEN!

3 nostrus

Ni siquiera Beiras merece una hostia a pesar de que él ha admitido en alguna ocasion que si gobernara y lo hiciera mal lo sacaran del poder a "pedradas"

4 anonimo

Eu estou a ver nerviosismo ante a remontada da esquerda.